masa nai

Que é a masa nai e por que é especial

O pan feito con masa nai é diferente doutros tipos de pan, e ten moitos beneficios para a saúde. Neste artigo, explicaremos que é a masa nai, que diferencias atoparás entre o pan feito con masa nai e o pan a base de fermentos e por que esté pan é tan especial.

A masa nai elabórase cunha mestura de auga e fariña. Na propia fariña é onde se atopan de xeito natural as bacterias e levedos que fan que, ao xuntalas con auga, fermenten espontaneamente.  Esas bacterias “amigables” son as chamadas lactobacilos (as mesmas que se atopan no iogur). O proceso de fermentación dura varios días ou mesmo semanas, dependendo da temperatura ambiente.

A masa nai existiu durante miles de anos como unha forma de conservar os grans, e hoxe en día está a volver a aparecer a medida que a xente descobre o seu sabor único e os seus beneficios para a saúde. A realidade é que nós nunca nos alonxamos desta fórmula máxica e ancestral. Con esta elaboración conseguimos un pan con máis sabor, máis corpo, un chisco de acidez e un carácter artesán e tradicional imposible de imitar con produtos químicos.

É coñecida por ser máis dixerible que o pan feito con fermento porque non contén azucres residuais da fermentación do fermento; todos os azucres son consumidos polos lactobacilos. Isto significa que pode axudar a mellorar o microbioma intestinal.

Ademais, tamén ten menos glute que o pan feito con fermentos debido ao seu maior tempo de fermentación (isto faino máis apto para as persoas que, sen ser alérxicas, si presentan certa sensibilidade ao glute).

Publicacións similares

Deixa unha resposta