Pan artesán con masa nai

A calidade dos productos da terra, os nosos fornos de leña e a fórmula tradicional que levamos 30 anos utilizando, danlle ao noso pan un sabor único.
Ven á Caldas a probar o noso pan artesán con masa nai e revivir os sabores de sempre.

Empanadas

Todos os días, dos nosos fornos de leña, saen empanadas únicas. Carne, atún, zorza, touciño, polbo, bacallau…

Cos mellores ingredientes e a nosa receita conseguimos empanadas únicas

Asados

Polo, lacón, cordero, codillo… asados nos nosos fornos de leña para darlle ás carnes un sabor único.
Reserva o teu asado favorito ou tráenos ti a materia prima e nós encargámonos de que quede perfecto

Doces

Na panadería Caldas contamos con moitas opcións doces para os máis larpeiros. Cañas, madalenas, roscóns, croissants, napolitanas… Sabores únicos para almorzar, de postre, de merenda…