Mini Empanadas Galegas: o xantar do peregrino

Aínda que fai uns anos eran menos habituais e tiñan menos demanda, dun tempo a esta parte e directamente relacionado co auxe do Camiño de Santiago Francés, un dos produtos estrela na nosa panadería é a mini empanadas galegas, empanadas pequenas, zocas, zoquiñas ou empanadillas. Podes chamarlle como queiras pero tes que saber que ten exactamente o mesmo proceso de elaboración, os mesmos ingredientes e o mesmo sabor que as nosas empanadas artesanais de toda a vida.

Os peregrinos que entran en Sarria no seu Camiño cara Santiago, pasan xusto por diante da Panadería Caldas e, a determinadas horas, é habitual velos desfrutando das súas empanadas pequenas recén feitas. E non é casualidade: as nosas mini empanadas galegas son unha opción perfecta para eses días nos que non tes tempo para facer o xantar ou para comer fora da casa sen complicacións e sabendo que non comes nada prefabricado senon, máis ben todo o contrario. As nosas empanadas pequenas, famosas ó longo de todo o Camiño de Santiago, son unha fonte estupenda de enerxía e están repletas de ingredientes locais e de calidade extra. Con elas, queda garantido unha comida equilibrada, sana, sinxela e tradicional. Podes atopalas con diferentes recheos: carne, atún, touciño, zorza, bacallau…

Se eres peregrin@, non deberías abandonar Sarria sen probar unha das nosas zocas!

E agora xa por presumir… non é que o digamos nós… é que o dixo o mismísimo Chef José Andrés ó seu paso por Sarria. Aquí vos deixamos un testimonio gráfico:

empanadas galegas

Publicacións similares

Deixa unha resposta