30 Aniversario: O pan máis honesto

Alá polo 1992 inauguramos o noso forno. Desto hai xa máis de trinta anos e aquí seguimos, amasando e enfornando a diario durante prácticamente os 365 días do ano o teu pan favorito en Sarria.

Unha das cousas que máis orgullo nos pode facer sentir é cando un cliente nos asegura que recoñecería o sabor e textura do noso pan entre un millón de pans, cando un cliente ven dende lonxe e carga o coche dos nosos produtos, cando nos dades as grazas por non cambiar a xeitos de elaboración máis industrializados, cando vides sempre, día tras día, ano tras ano, a polo voso pan. Por iso mesmo seguimos aquí ó pé do cañón todos os días para que nunca che falte o teu pan artesanal feito con masa nai e cocido en forno de leña en Sarria.

Deixámosvos algunhas imaxes do noso aniversario. Graciñas por compartir con nós todo este tempo e pola vosa fidelidade.

Publicacións similares

Deixa unha resposta